UNHA ALUMNA NA “XXV MOSTRA DE ENCAIXE DE CAMARIÑAS”

CartelCamariñas_IIDo 1 o 5 de Abril tivo lugar a “XXV Mostra de Encaixe de Camariñas”, certame cultural e comercial declarado de interese turístico en Galicia. A mostra é un exemplo de dinamización dun sector por medio da celebración de actividades paralelas como poden ser os desfiles de “Grandes Deseñadores” e “Concurso de xoves deseñadores”.
Ana Casas, alumna do centro na especialidade de deseño de moda, foi unha das 28 seleccionadas para participar no concurso de “Noveis Deseñadores”. Ana presentou unha colección de estilo “casual” bautizada co nome de “Unlock Blue”; catro estilismos de home confeccionados en satén, crep e organza todos eles en azul Klein. A colección destinada a tempada de verán contaba con pantalóns curtos, capas, un mono e flip-flops nos pés. Todas as prendas adornadas con encaixe de Camariñas tinguido en negro.

MostraCamariñas_II

MostraCamariñas_I

Posted in Diseño.